repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 33 novos contidos educativos en formato dixital.
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.972 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Os contidos proceden de:
Da actualización da unidade didáctica dentro do "Proxecto 1: Violencia machista" en lingua castelá da docente Felisa Redondo Valín para o alumnado da ESO e bacharelato que usou o procedemento de cesión de dereitos:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Roberto Alhambra Sánchez cun xogo de rol para o alumnado de 5º de primaria na área de ciencias sociais:
Da licenza de formación no curso 2015/16 de Cristina González Treceño consistente nun xogo de preguntas e respostas en HTML5 sobre imaxes relevantes da historia da arte.
Está pensado como recurso educativo na aula de plástica e permite elixir idioma: castelán, galego ou inglés:
(este recurso é unha continuación de outro da mesma autora para secundaria:
Testearte ).
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Antonio Domínguez e Carlos Novo consistente nun curso para o uso de "Open Orienteering Mapper": software de creacción de mapas específicos de orientación deportiva libre e de código aberto. É compatible con windows, linux, Mac e android. Ao final do curso podemos descargar a copia de seguridade para restaurar na aula virtual Moodle do noso centro:
Da licenza por formación no curso 2015/16 “Geometría de la ESO con Geogebra “ realizada por Mª América Fernández Míguez en Geogebra e Exelearning para a área matemática en 2º da ESO:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Pablo Trashorras de la Fuente con videotitoriais "Tutomate" dos contidos de matemáticas para 1º, 2º, 3º e 4º da ESO:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Javier Jurado e Juan Casado formada por unha Aula Virtual con unidades didácticas para a materia de Educación Musical en 5º de Primaria. Ao final da aula hai unha copia de seguranza para restaurar na Aula Virtual Moodle do centro:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Jesús A. García Rañales formada por un ODE que pretende derribar o muro ao que se enfrenta o alumnado da ESO: a distancia entre as "matemáticas da clase" e o que soemos denominar como "mundo real":
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Damián Guede Otero formado por un curso Moodle con temario da material de "Lengua castellana y literatura" en 1º de Bacharelato. Inclúe ligazón coa copia de seguranza para restaurar na Aula Virtual Moodle dos centros:
Actualización do recurso "E tí de onde ves sendo?" de Mª Pilar Buela Piedra e Juan Carlos Montejano Rivas no que traballamos os topónimos, tipos de topónimos e clasificación, así como a relación entre a toponimia e a paisaxe, a poboación e a lingua:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de Francisco Sánchez Sánchez e Nuria Garabal González “GaLiZa ExPréSS: unha viaxe matemática a través de 13 rutas máxicas”. Trátase dun proxecto de carácter lúdico-educativo que engloba unha serie de actividades de aprendizaxe integradas relacionadas coa aplicación das matemáticas en situacións reais:
(na seguinte actualización do repositorio publicaremos as 6 rutas restantes)
Da licenza por formación no curso 2015/16 de José Manuel Viñas Diéguez consistente nunha aula virtual formada por actividades de investigación útiles para alumnos de ESO. As actividades seguen o método indagativo, que ensina a ciencia facéndose preguntas e tentando respondelas seguindo o método científico:
Da licenza por formación no curso 2013/14 e no presente curso académico 2016/17 de Miguel Fernández Acebedo "Da pauta á frauta" e "Da pauta á orquestra". O principal obxectivo de este proxecto é proporcionar tanto a mestres como alumnos un método eficaz para enfrontarse a unha partitura, amosando os pasos a dar para conseguir executala de forma vocal e instrumental. A aula virtual inclúe copia de seguridade para restaurar en Moodle:
Dos traballos realizados por Aurora Gay Méndez (que usou o procedemento de cesión de dereitos) para conmemorar a figura de Carlos Casares (Letras galegas 2017), así como outros traballos de pregunta-resposta en flash:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de María Segura Espinosa consistente nunha aula virtual cun curso de Bioloxía e Xeoloxía para 1º ESO. Inclúe unha aplicación para dispositivos móbiles Android e en formato SCORM sobre os ecosistemas mariños de Galicia:
Da licenza por formación no curso 2015/16 de José Luis Río Silva formado por 19 libros dixitais "Proxecto Olimpus" en galego e castelán da área de Educación Física de Educación Primaria, dirixido ao alumnado de 6º nivel:
(na seguinte actualización publicaremos os 17 libros restantes do "Proxecto Olimpus")
Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.