E- DIXGAL - Curso 2015-2016

A Consellería de Cultura e Educación abre o prazo para que os centros soliciten incorporarse ao proxecto de libro dixital 'E- DIXGAL' 

O obxectivo é que a iniciativa chegue este curso a 7.000 alumnos de 5ºe 6º de primaria e 1º de ESO Os materiais, completamente gratuítos para as familias, serán de acceso online e offline

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir o prazo para que os centro soliciten incorporarase ao proxecto de libro dixital E- DIXGAL, enmarcado no Proxecto Abalar, estratexia para integración das TIC no ensino desenvolvida pola Xunta de Galicia. O obxectivo é que no vindeiro curso 2015/2016 os materiais dixitais, que son totalmente gratuítos para as familias, cheguen a un total de 7.000 alumnas e alumnos de 5ºe 6º de primaria e 1º de ESO.
Poderán participar no procedemento de selección desta nova convocatoria os centros de ensino adscritos á rede Abalar que impartan o vindeiro curso 5º de Primaria ou 1º de ESO. Para solicitaren a súa participación na iniciativa terán que presentar un proxecto no que indiquen as experiencias TIC desenvolvidas no centro, así como os seus obxectivos e logros acadados ata o momento no desenvolvemento da dixitalización do ensino, entre outros factores. Ademais, os centros terán que propoñer a unha persoa coordinadora do E-DXIGAL, preferentemente con experiencia no desenvolvemento de metodoloxías dida´cticas innovadoras, nas TIC e na organización de grupos de traballo.
O prazo para cursar a solicitude estará aberto ata o 12 de xuño. Os requisitos poden consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150511/AnuncioG0164-050515-0002_gl.html

Plataforma virtual


Os contidos didácticos albérganse nunha plataforma de aprendizaxe virtual á que os alumnos poden acceder tanto de xeito online como offline a contidos curriculares completos e gratuítos para as familias facilitados pola Xunta como a aqueles elaborados polos propios docentes dos centros educativos. Nesta plataforma, os centros que o desexen, poderán analizar unha mostra dos novos contidos dispoñibles para este curso.
No presente curso xa gozan destes materiais un total de 2.300 estudantes de 5º de Primaria de 84 centros educativos de toda Galicia.


ESCOLATIC 2015